Martes, 7 de Febreiro de 2012

Semana 36


As derradeiras molestias

Estamos na conta atrás! Posiblemente esteas ansiosa por ver o  teu bebé e nerviosa ante a proximidade do parto. Agora o reto é saber diferenciar entre as molestias desta etapa e os primeiros sinais do parto.

Posibles hemorraxias

As derradeiras molestias

Non te inquietes ante unha pequena hemorraxia, soe ser normal. De todos os xeitos consulta a túa matrona se é abundante xa que pode implicar o desprendemento da placenta. Isto pásalles máis ás mulleres con problemas de hipertensión.

Cambio no fluxo

Ao longo de todo o embarazo seguro que tiveches ocasión de notar como cambiaba o teu fluxo. Agora tes que prestarlle especial atención: se se trata dunha secreción rosada ou marrón moi densa pódese tratar do tapón mucoso que bloqueaba o colo do útero.

Dor nos riles

Esta zona fíxose notar moitas veces durante as últimas semanas. Se ves que a dor aumenta de maneira importante, mantente atenta, pode ser un sinal de parto.

Aumento da presión na pelve

O futuro bebé estase a colocar sobre os ósos da pelve para o momento do parto. Por iso notarás unha presión maior agora que o embarazo toca ao seu fin. Se esta presión é moi alta pode que xa esteas preto de dar a luz.

Contraccións de Braxton Hicks… ou non?

Ata o momento cando sentías unha contracción sabías que se trataba dos adestramentos do teu útero para o parto, pero agora xa non estás tan segura. Se ves que as molestias xa se transforman en dor, acude ao hospital. Como referencia debes saber que as derradeiras contraccións duran un minuto e son rítmicas, repetíndose, máis ou menos, cada cinco minutos.

Pesadume xeneralizado

Terás a impresión de que o teu corpo xa non pode dar máis de si. A pel estará tirante e a retención de líquidos farache sentir a piques de estoupar. A pesar de todo, fai un esforzo por camiñar suavemente todos os días, mellorará a túa circulación e o teu humor.

Os peitos segregan “líquido”

Chámase costro e é unha sustancia que lle aportará nutrientes ao teu futuro bebé antes de que chegue o verdadeiro leite. Este goteo pode ser un pouco incómodo, así que non é mala idea que te fagas xa cunhas toalliñas de absorción. Utilizaralas durante a lactación para previr as fugas de leite inesperadas.

Descansa, aínda máis

Intenta descansar todo o que poidas e durmir todas as horas que precise o teu corpo. Desta forma gañarás enerxía para o parto.

Un súper útero que te oprime

É moi común que teñas molestias na zona do útero e incluso notes tiróns. O seu tamaño xa é moi grande, así que non te inquietes por isto, é completamente normal. Axudarache facer uns pequenos alongamentos, pero non esaxeres, non estás nun momento moi áxil.

Comentar

Estamos interesados na súa opinión con relación a esta información.
Se o desexa pode deixar o seu comentario