Sábado, 19 de Maio de 2012

Sobre Agalip


Quen somos?

Agalip é unha axencia de comunicación integral.

Que facemos?

Realizamos proxectos de comunicación en todo tipo de soportes. Desde a creación de contidos a medida até a súa publicación en soporte físico ou dixital, pasando polo deseño, a xestión de medios publicitarios ou a produción audiovisual. En Agalip desenvolvemos a estratexia comunicativa para que todo proxecto sexa un éxito.

Os nosos proxectos

Contamos con diversos proxectos propios, como este portal e a guía gratuíta en papel que o acompaña ou mundomaterial, blog especializado en materiais innovadores.

E traballades para clientes?

Grazas á experiencia gañada, Agalip ofrece aos seus clientes servizos axustados as súas necesidades reais, acompañandoos en todas as fases de desenvolvemento dun proxecto. Para os nosos clientes realizamos revistas, libros, material promocional, etc. Tamén implementamos portais, blogs e xestionamos a presenza de clientes en redes sociais como Facebook ou Twitter.

Para quen traballastes?

  • Auditorio de Galicia – Creación imaxe da exposición María Xosé Díaz 1980/2010. Deseño, creación de contido e implementación de catálogo dixital da exposición.
  • CSHG – Implementación portal web corporativo www.cshg.es. Creación de contido a medida. Creación e xestión de redes sociais (facebook, twitter, youtube, tuenti)
  • ILG – Deseño e maquetación de ELG, primeira revista publicada pola USC de maneira simultánea en papel e en formato electrónico.
  • LIOLIO – Xestión campaña soportes publicitarios exteriores. Creación perfiles en redes sociais.
  • Frost & Sullivan -Investigación de mercado cubrindo Europa, presentación de resultados, consultoría especializada.
  • Kline Group – Investigación de mercado.

Comentar

Estamos interesados na súa opinión con relación a esta información.
Se o desexa pode deixar o seu comentario