Semana 25
Preparando o niño
Ao final do terceiro trimestre cómpre empezar a preparar todo o necesario para ter listo o niño. Agora faralo sen angurias e planificando o que de verdade necesitas. Aquí atoparás algunhas suxestións para comezar con esta tarefa.
Canto máis se achegue o parto máis cousas terás que arranxar e estarás máis nerviosa e menos áxil para moverte de tenda en tenda. É por iso que che recomendamos ir adiantando, con tino, todo o que poidas. Neste labor é moi importante que manteñas a cabeza fría: fai unha listaxe do que de verdade necesitas para as primeiras semanas e non te deixes levar pola paixón ao ver as cousiñas para bebés.
Nacerá en inverno ou verán?
Primeiro paso antes de lanzarse as tendas: bota contas de cando lle tocará nacer ao teu fillo. É un dato vital para mercar a roupa imprescindible. Como regra xeral pensa que se vai nacer no verán é importante que as prendas que merques sexan de tecidos naturais e que permitan a transpiración. Se vai nacer no inverno, faite con pezas de roupa de abrigo que sexan fáciles de abotoar, quitar e poñer.
O kit para comezar
Seguro que en canto que o neno naza todos os amigos e familiares regálanche roupa e complementos, algúns con mellor gusto ca outros. Por iso, e ata que vexas que necesitas realmente despois de todos estes agasallos, merca o imprescindible. Coma orientación pensa en:

Preparando o niño
- 6 bodies.
- 6 pixamas con pé cerrado.
- 2 ou 3 conxuntos para saír.
- Gorros.
- Se é inverno, un buzo ou peza exterior de abrigo.
- Carpíns ou calcetíns.
- Babeiros ou toallas.
- Manta ou touca.
Adestra a mirada de nai
A partir do preciso intre no que o bebé entre na túa vida, terás que empezar a pensar nas manchas. Estes pequenos son verdadeiras máquinas de lixarse, así que hai unha clave que convén que non esquezas de aquí en diante: a roupa debe ser lavable en lavadora, resistente a altas temperaturas e apta para a secadora. Esta sinxela regra facilitarache moito a vida.
Para que estea limpiño
O primeiro que debes mercar é unha bolsa de cueiros especiais para neonatos. O teu bebé empregará unha media de 50 á semana, pero non tés por que mercalos todos agora. Faite tamén co imprescindible para o baño. Isto inclúe: unha emulsión sen xabón, colonia sen alcohol, crema hidratante, capa de baño e esponxa.
No coche
Non necesitas mercar todos os adaptadores que necesitará o bebé para viaxar seguro, pero é unha boa idea que vaias votando unha ollada ao necesario para o primeiro viaxe á casa. Podes pensar nun moisés homologado ou unha cadeira para acabados de nacer. Ten en conta o espazo co que contas no teu coche e lembra que, onde viaxe o teu bebé terás que desconectar o sistema de airbag.
De paseo
A oferta neste campo é case ilimitada. Pensa nas túas necesidades reais, no teu presuposto e nos sitios por onde andarás, así coma se cabe no ascensor da túa casa ou no maleteiro do teu coche.
Para descansar
Podes elixir entre un berce, un moisés ou cestas. Depende do teu presuposto, pero lembra que se ben os moisés e cestas son máis baratos, tampouco os poderás empregar moito tempo. Faite tamén cun colchón firme e protectores impermeables. Mellor non empregues edredóns que poden angustiar o futuro bebé e evita a almofada.




