Sábado, 19 de Maio de 2012

Semana 4


Hábitos saudables

Seguro que en canto saibas que estás embarazada porás máis atención por mellorar os teus hábitos. Faremos xuntos un repasiño a algún dos principios que non debes esquecer.

Unha embarazada non é unha enferma e pode, salvo excepcións, levar unha vida completamente normal. De todos os xeitos hai cousas ás que deberás prestar especial atención para que chegue a termo. Comecemos polo principio: hai cuestións de saúde que deben rexer a nosa vida sempre, pero moito máis agora que vas ser a única fonte de enerxía do futuro bebé. Parece claro que debemos evitar os costumes máis prexudiciais como é o consumo de drogas, alcohol ou tabaco. Se tes algún tipo de adicción e te sentes incapaz de renunciar a ela, recorre ao asesoramento do teu médico, el saberá axudarte.

Ollo cos estimulantes e medicamentos

É mellor tamén que evites a cafeína ou substancias estimulantes, pero sobre isto non hai un acordo total. Se ben algúns médicos restrinxen totalmente o consumo destas substancias, outros simplemente limitan as cantidades recomendadas. Por outra banda, terás que evitar tomar medicamentos pola túa conta e risco. No caso de precisar algún tipo de tratamento, terás que llo consultar sempre ao teu médico ou farmacéutico.

Os espazos contaminados

Presta tamén atención á entorna que che rodea e evita todo o que che inspire desconfianza como os espazos contaminados ou os produtos tóxicos en xeral. Tamén deberás evitar ter contacto con animais pouco coidados, especialmente gatos (portadores da toxoplasmose).

O momento de mellorar os hábitos da familia

Coidándose

Coidándose

Xunto ao que debes evitar, tamén hai moitos hábitos que podes mellorar. Seguro que se te paras a pensalo, poderás escribir unha longa listaxe. Así e todo, é importante que non te volvas tola intentando ser un paradigma de saúde. É sempre mellor que fagas caso ao sentido común.

  • Non leves pesos excesivos e non permanezas demasiado tempo de pé.
  • Procura facer deporte, sobre todo camiñar, pero evita os que supoñan moito impacto ou sexan moi fatigosos.
  • Descansa, sempre que poidas, coas pernas en alto. A túa circulación agradeceracho.
  • Evita tomar saunas durante o teu embarazo ou facer uso das termas, especialmente no primeiro trimestre.
  • Non comas calquera cousa en calquera lugar, sobre todo se non está cociñado.
  • Lembra que todos estes esforzos tamén lle incumben á túa parella. Se ben el pode tomalo cun pouco máis de relax, é importante que estes hábitos se manteñan despois na entorna do bebé.

Fumar

Lembra que fumar durante os primeiros meses do embarazo é un factor que ten unha grande influencia na sensibilización do feto a desenrolar alerxias e este tipo de risco aumenta se o recén nacido está exposto a un ámbito de fumadores.

Máis información e axuda

Cómite Nacional para a Prevención do Tabaquismo

Información sobre o tabaco, Ministerio de Saúde

Fundación de Axuda contra a Drogadicción

Comentar

Estamos interesados na súa opinión con relación a esta información.
Se o desexa pode deixar o seu comentario