Martes, 7 de Febreiro de 2012

Semana 8


O embarazo despois dos 35 anos

Fai anos, unha muller de máis de 35 anos era considerada maior para concibir, especialmente se se trataba do seu primeiro fillo. As cousas cambiaron moito dende entón, e agora este é o momento no que moitas mulleres deciden ser nais.

Todas as embarazadas teñen medos, pero as que pasan a fronteira dos 35 anos soen ter máis. Non tes por que preocuparte se este é o teu caso, pero hai certos factores que debes ter en conta para facer do teu embarazo unha mellor experiencia.

Que será diferente se tes máis de 35 anos?

Posiblemente sintas maior sensación de cansazo no primeiro trimestre e terás que coidar máis a túa alimentación. Tamén presta atención á forma física xa que coa idade pérdese músculo. Manterte en forma pode evitar problemas de costas e garante un mellor parto.  As perdas de ouriños son bastante comúns en todas as embarazadas a medida que o feto vai crecendo no teu ventre. No caso das futuras mamás de máis de 35 estas poden ter máis incidencia. Tampouco descoides a túa pel. Os bos hábitos deben manterse durante a xestación xa que a pel perde elasticidade e podes sufrir máis estrías.

Riscos engadidos

Ningún embarazo está libre de perigos para a nai ou para o bebé, pero a medida que cumpres anos algúns deles aumentan. Seguro que xa tes en mente un dos riscos máis coñecidos: as alteracións cromosómicas no feto; a máis coñecida é o síndrome de Down. A partir dos 35 anos, 1 bebé entre 400 sufre esta enfermidade.

Como detectar problemas cromosómicos?

Ao longo do embarazo faranse varios cribados para descartar o síndrome de Down. No cribado do primeiro trimestre avaliasen tres factores: a túa idade, os resultados dunha análise de sangue e unha ecografía onde se mide o prego da liña curva do occipital do feto. Faise entre a 10ª e a 13ª semana. Con estes datos detéctanse entre un 85 e 90% dos bebés con síndrome de Down. No segundo trimestre o cribado combina a túa idade e os resultados dunha analítica. Neste caso detéctanse un 80% dos casos de síndrome de Down.

Segura de si mesma

Segura de si mesma

Probas determinantes

As únicas probas que poden detectar os problemas cromosómicos con garantía son a biopsia de corión, no primeiro trimestre, ou a amniocentese, entre as semanas 15 e 18.

Outros puntos a considerar

Nas revisións a túa matrona buscará se padeces a diabetes xestacional, para o que che farán unha proba de tolerancia á glicosa. Tamén vixiará de preto a túa tensión arterial para descartar a preeclampsia que lles pode afectar aos riles ou á placenta.

De cara ao parto

Non tes porque ter complicacións polo feito de ser maior de 35. Pero é certo que crecen as probabilidades de ter algún tipo de intervención médica durante o parto. Tamén podes ter fases de dilatación e expulsión máis longas, pero isto non implica un perigo nin para ti nin para o teu bebé.

Coidado coa ansiedade!

Tanto ir e vir de probas pódeche crear medos ata o punto de que esquezas que a maior parte das embarazadas da túa idade teñen fillos sans e embarazos felices.  Pensa que tamén hai factores que xogan ao teu favor como a túa madurez e a da túa parella.

Comentar

Estamos interesados na súa opinión con relación a esta información.
Se o desexa pode deixar o seu comentario