Sábado, 19 de Maio de 2012

Semana 2


Descubrindo que estás embarazada

Seguro que se falas co teu grupo de amigas, todas poderán contarche como descubriron elas que estaban embarazadas. Pero cada corpo manda os seus propios sinais: aprende a escoitalos.

Test de embarazo

Test de embarazo

Posiblemente o primeiro e máis importante síntoma de que estás embaraza sexa a falta do período. Nese punto adoitan saltar todas as alarmas e, a partir de entón, manterás o teu corpo en observación. Aquí van algunhas das pistas que te poden axudar:

  • Cansazo ou somnolencia decotío.
  • Maior necesidade de ouriñar.
  • Aumento no tamaño das mamas.
  • Náuseas, especialmente pola mañá cedo.
  • Novo desexo ou desprezo a algún alimento.
  • Especial sensibilidade a algún tipo de cheiro.
  • Problemas dixestivos: acidez, dixestións pesadas.
  • Estrinximento.
  • Emotividade ou irritabilidade. Cambios de humor repentinos.

A proba, case de seguro, irrefutable

Pero se o que andas a procurar é a derradeira confirmación, é o momento de facer uso dos coñecidos test de embarazo. Con moita probabilidade, cando teñas fundadas sospeitas, correrás á farmacia para mercar un test de embarazo que se basea na análise dos ouriños. Terás que recollelos e introducir neles o estremo detector do test. Este recoñecerá a hormona do embarazo, ou GCH, que é producida polo propio embrión. Cada test ten o seu código de confirmación, por iso terás que ler detidamente as instrucións de uso. Tamén podes recorrer á análise de sangue para confirmar o embarazo. Normalmente é menos utilizada, xa que hai que acudir a un profesional para facer  a extracción e agardar uns días para saber o resultado. Pode que o teu médico, na primeira visita, che pida unha reconfirmación por este método.

Para empezar a entendérmonos

Unha vez que saibas que efectivamente estás embarazada, todo un aluvión de información, de palabras e termos novos comezarán a chegar de todas partes. Pouco a pouco irémonos afacendo a eles, pero é importante que saibas dende agora como se vai estruturar o teu embarazo. Conta que o período de xestación completo dura 40 semanas. Estas agrúpanse en tres trimestres:

Comentar

Estamos interesados na súa opinión con relación a esta información.
Se o desexa pode deixar o seu comentario