o teu embarazo

Obradoiro As emocións infantís e as nosas
O centro educativo Galén, privado e laico, esta a organizar uns obradoiros para familias e profesionais que serán impartidos por Yolanda González. O primeiro está dirixido ao profesorado de Educación Infantil, primeiro ciclo de primaria, profesionais da psicoloxía, pedagoxía e todos aqueles interesados e interesadas na educación e desenvolvemento dos máis pequenos e pequenas. A información principal é a seguinte:

Creando pontes entre o mundo infantil e o adulto. Aproximación á comprensión do desenvolvemento emocional infantil

Os contidos son:

Proceso evolutivo infantil

A  función do vínculo. Tipos de vínculo

A  agresividade infantil. Función. Abordaxe

A  sexualidade  infantil

A  escolarización temperá.

Datas e horario: do 24 ao 26 de Febreiro de 2012

Venres 24 de 17 a 20 hrs

Sábado 25 de 10 a 13:30 e de 16 a 18 hrs.

Domingo 26 de 10 a 13:30 e de 16 a 19:00 hrs.

Prezo: 120 €

Inscricións antes do 16 de decembro.

O segundo, máis orientado ás familias, pero cunha temática parecida:

As emocións infantís e as nosas.

Datas e horario:  Sábado 24 de febreiro de18 a 20 hrs.

Prezo: 25€ individual e 40 por parella.

Haberá servizo de gardería

Aberto prazo de inscrición ata 6 Febreiro

Para rexístravos en calquera deles podedes contactar con Galén: curso@centrogalen.com ou no teléfono 982265205.

A vacina do neumococo será gratuita
A partir deste ano a vacina do pneumococo pasará a ser gratuita en Galicia. Dita vacina, que custaba 300 euros anteriormente, protexe de enfermidades graves neumococicas, como a meninxite, o shock séptico ou as neumonías invasivas.

Serán vacinados os nenos e nenas nados no 2010 e 2011. A vacina será administrada aos 2, 4 e 12 meses.

Fonte: La Voz de Galicia

Fonte Imaxe: Daniel Paquet

Novas relacionadas: Proxecto piloto para introducir a vacina contra o pneumococo

Ser Doulas en Galicia
O termo doula non ten unha orixe clara: para algúns estudiosos procede da antiga Grecia e significa escrava, serva. Para outros, procede da lingua indi, e emprégase para referirse a unha muller experimentada. Na actualidade, a palabra Doula define aquelas mulleres, que axudan a outras no paso á maternidade. A súa principal tarefa é dar apoio, tanto físico como emocional, ao longo do embarazo, parto e posparto.

Esta figura, amplamente coñecida e recoñecida no ámbito anglosaxón, aínda é bastante descoñecida na nosa contorna. Sobre ese descoñecemento e, sobre todo, do seu labor, conversamos con Nuria Otero Tomera, Doula, Orientadora Familiar, Pedagoga e Psicopedagoga.

Que é ser Doula?

Unha doula é unha muller, xeralmente nai, que acompaña a mulleres no proceso de converterse en nais. É unha figura que traballa a empatía e a emoción, coa finalidade de que sexan as nais quen tomen as súas propias decisións. Nós nunca xulgamos nin damos consellos. O noso labor vai máis dirixida a que as mulleres sexan conscientes das decisións que toman e que estas sexan propias e non “impostas” polo ambiente que as rodea (familia, amigos, ou a sociedade en xeral). É un traballo de empoderamento da muller. Cada doula ten unha forma de entender o seu traballo. Eu afago intervir durante todo o embarazo, parto e posparto (até os 3 meses). Durante o embarazo, a nosa función é a de “tradutoras da información”, é dicir, explicar á futura nai toda a información que recibe nunha linguaxe clara e comprensible para que ela decida respecto diso (p. ex: realización dunha determinada proba, termos médicos, información contraditoria que recibe de fontes diversas…).

No parto exercemos de gardas, para que se respecten os desexos da muller e por tanto debemos coñecer moi ben a fisioloxía do parto. No posparto é o momento de establecer as bases que sustenten os vínculos nai-fillo. Durante este período, as visitas vanse espaciando até a súa desaparición. É importante non crear dependencia da nai cara á doula. Cando nos preguntan facemos máis preguntas, no canto de dar moitas respostas, co obxecto de chegar ao fondo dos sentimentos e que estes afloren e saian á superficie. Algunhas destas nais acaban sendo nosas amigas, porque compartimos momentos moi especiais, e iso une.

Existe formación para ser Doula?

Existe formación organizada polas propias doulas pero non está homologada nin acreditada por ningún organismo oficial. A formación é importante para mostrar o principio, pero cada unha de nós debe facer o seu propio camiño, porque cada doula ten un modo de entender o acompañamento. Desde o meu punto de vista, non sería bo que houbese formación regulada, xa que te converterías nunha peza do sistema e farías o que este che ensinou que tes que facer. Acabaríaslle dicindo ás nais o que deben facer e iso é o contrario do noso labor: “traballar para que as nais tomen as súas propias decisións”.

Porque crees que a doula non é unha figura coñecida na nosa sociedade?

É coñecida pero por un sector específico da sociedade, non polo gran público. O descoñecemento débese, en parte, á propia definición de doula, ao seu carácter non regulado, non regulado.

Se unha muller quixese recorrer aos servizos dunha doula, onde podería informarse en canto a tipo de servizos, tarifas, se hai doulas na súa zona?

O número exacto de doulas en Galicia non cho podería dicir, pero debemos de ser ao redor dunhas 10. En canto ao medio para informarse, fundamentalmente Internet, xa que non aparecemos nas páxinas amarelas e moitos profesionais sanitarios tampouco coñecen a nosa existencia. O que si facemos é que, se alguén nos chama a algunha de nós solicitando información, dirixímola á doula ou doulas que haxa na súa zona. Con respecto ás tarifas, cada unha ten as súas e estas varían en función do servizo. Mesmo, se unha muller non pode pagar, sempre se pode chegar a un acordo. No meu caso, estipulei 3 servizos: embarazo e posparto, parto e visitas soltas, o tres negociables.

Como é a relación entre a doula e o persoal sanitario?

En xeral existe descoñecemento da nosa figura e, por tanto, do noso labor. E iso dá lugar a certas reticencias, por exemplo, existe un sector de matronas que non están de acordo co noso traballo, cando o labor da doula é completamente diferente ao desempeñado polo seu colectivo. En cambio, tamén é certo que moitas matronas nos coñecen e moitas doulas traballan en equipo con elas.

Cal é a súa opinión sobre o embarazo e o parto en Galicia? Teñen as mulleres opcións para elixir?

A maioría de centros hospitalarios galegos non contan cunha Unidade de Atención ao Parto Normal. As mulleres non teñen opción de elixir, xa que se lles obriga a parir no centro que lles toca por lugar de residencia. A isto debemos engadir que moitas descoñecen que existe un Programa de Atención á Muller e que, do mesmo xeito que podes elixir médico, tes o dereito a escoller onde parir. Pero isto é algo que tamén se ignora ou se quere ignorar a nivel sanitario e da Administración. Durante un tempo, calquera muller podía dar a luz no Hospital do Salnés, un dos que contan con Servizo de Atención ao Parto Normal, pero como se viron desbordados pola demanda o que fixeron, no canto de ampliar a unidade ou implantala en máis centros, foi pechar a chave e agora só atenden a mulleres da súa zona de influencia.

Por último, fálanos  un pouco dos teus proxectos

Proxecto Materna é unha asociación de doulas. Está formada por catro acodes que temos moi claro o noso modo de entender “como ser doula”; por iso é polo que non sexa unha asociación aberta. Nela teorizamos, reflexionamos sobre a maternidade, o papel da doula, etc. É fundamentalmente un traballo de investigación e reflexión.

“Ser doulas” representa a concreción. É unha empresa dedicada a impartir cursos, talleres dirixidos a mulleres, familias e profesionais. Neles trabállanse aspectos relacionados co embarazo, o parto, a maternidade, a lactación… Xusto agora, comezamos a impartir a nosa I Formación para Doulas con gran éxito. Cubríronse todas as prazas e temos lista de espera. Tamén, en maio imos desenvolver un Obradoiro de Preparación Emocional ao Parto e ao Postparto.

A Asociación Criar co Corazón é unha asociación virtual, formada por nais e pais, que promove a crianza con apego. A súa principal actividade é o mantemento dun foro onde se pode atopar información sobre todo tipo de cuestións relacionadas coa crianza con apego (embarazo, crianza, lactación, educación…). E, ao mesmo tempo, un Grupo de Apoio Virtual e un Centro de Recursos. Tamén editamos a Revista Electrónica Criar.

Por último, até fai relativamente pouco tempo, fun a Coordinadora Local de  O Parto é Noso. O que facemos son reunións mensuais na Coruña, e agora tamén en Lugo, con nais para informalas, fundamentalmente, dos seus dereitos. Quizais o noso traballo nesta asociación é o máis reivindicativo de todos.

Ligazóns de interese

Proyecto Materna

Ser doulas

Ser Doulas en Facebook

Asociación Criar co Corazón

Alimentación no embarazo
Para conseguir unha alimentación axeitada debes variar ao máximo a alimentación. Inclúe todos os grupos básicos de alimentos e, dentro de cada un deles, diferentes tipos. Lembra que deben ser ricos en proteínas, vitaminas e minerais e pobres en enerxía total.

Propómosche tres menús diferentes para cada trimestre do embarazo, como exemplo dunha alimentación equilibrada e variada.

Primeiro trimestre

Almorzo

Leite só ou con café de cereais, un vaso de 200 ml. Pode ser enteiro se non hai exceso de peso.

45 gr. de pan ou 6 tostas con manteiga de 10 gr. e marmelada, 10 gr. ou flocos de cereais, 45 gr.

Froitos secos como uvas pasas, melocotóns, albaricoques…

Auga.

Media Mañá

Froita cociñada mellor ca fresca. Un vaso de zume de froita.

Xantar

Ensalada de arroz: arroz, tomate, leituga, cebola, cenoria, aguacate, noces, brotes de soia, olivas, uvas pasas. Aliñada cunha cullerada de aceite e limón. Sal.

Unha peituga de polo de 150 gr.

Un iogur.

Auga.

Merenda

Froita cociñada ou froitos secos. Un vaso de zume de froita.

Cea

Sopa ou caldo de verduras, 200 ml.

Pescado branco, uns 125 gr. con guarnición de ensalada, leituga, tomate, cebola, cenoria, remolacha, apio, cogombro. Aliñada con pouco sal, limón e aceite, 1 cullerada.

Auga.

Un iogur.

Segundo trimestre

No segundo trimestre xa é necesario un incremento na cantidade da enerxía achegada ao corpo, ademais do aumento de proteínas, vitaminas e minerais. A partir de agora non necesitas ter tanto tino coas calorías extra, como acontecía no primeiro trimestre. No segundo trimestre o aumento do peso chega a ser de 4 ou 5 quilogramos. De feito a cantidade de calorías deben auméntanse nunhas 300 ao día, así aseguraremos que o teu corpo e o feto teñen todo o que precisan.

Almorzo

Dúas rebandas de pan con queixo fresco ou semifresco, 25-50 gr, con froitas secas como uvas pasas ou similar, 25 gr, e unha rebanda con xamón de York, tomate natural, ourego e pirixel.

Auga.

Media mañá

Froita cociñada, pastel de cabazo ou un pastel calquera de verdura.

Un vaso de zume de froita.

Xantar

Verdura cociñada ao vapor, 250 gr, como cenoria, cebola, porro, cabaciña, acelgas, cabazo, berenxena… con soia ou lentellas cocidas, 100 gr. Todo isto salteado con chícharos e unha pataca, aceite, unha cullerada, e un pouco de sal.

Auga.

Un iogur.

Merenda

Froita cociñada ou froitos secos.

Un vaso de zume de froita.

Cea

Ensalada de escarola, cebola, tomate, aguacate, espárragos, brotes de soia, améndoas, noces, atún en conserva, olivas e uvas pasas, aliñadas cunha cullerada de aceite e algo de sal.

Auga.

Un iogur.

Terceiro trimestre

No terceiro trimestre o crecemento fetal vai a toda velocidade. Isto esixe uns cambios metabólicos no teu corpo que aseguren o desenvolvemento normal. Para isto temos que garantirnos a cantidade necesaria de glicosa, graxa e proteínas.

Almorzo

Un vaso de 200 ml. mesturando leite de améndoas e auga a partes iguais. Flocos de avena, centeo e trigo, 50 gr., albaricoques secos, noces e uvas pasas.

Pipas de xirasol e de cabazo.

Auga.

Media mañá

Froita cociñada ou froitos secos.

Un vaso de zume de froita.

Xantar

Uns 50 gr. de lentellas con 150 gr. de arroz e 100 gr. de verduras como cebola, cenoria, allo e porro. Aceite, ourego e pirixel. Algo de sal.

Auga.

Uns 100 gr. de queixo fresco con froita seca.

Un iogur.

Merenda

Froita cociñada ou froitos secos.

Un vaso de zume de froita.

Cea

Uns 150 gr. de peixe branco aliñado con aceite e limón con outros 150 gr. de verduras ao vapor salteadas como cebola, cabaciña, tomate, porro, berenxena aliñadas con aceite e un pouco de sal.

Auga.

Un iogur.

Despois do embarazo

Despois de pasar polo embarazo pódeste sentir tentada a facer unha dieta estrita para perder o peso que gañaches. Terás que agardar un chisco máis se queres darlle o peito ao teu fi llo ou porás en perigo a produción do leite. Co parto non terminou todo, máis ben acaba de comezar. Debes seguir coidando a túa dieta para adaptala a esta nova etapa que comeza: a lactación. Se durante o embarazo era recomendable un aumento dunhas 300 Kcal/día, agora debes chegar ata as 500. O teu corpo ten un enorme desgaste e tes que aprovisionalo de todos os nutrientes que esixe aleitar ao teu fi llo. O incremento de enerxía terá que dar resposta a unha produción de leite duns 750 ml ao día, durante o primeiro semestre, e de 600 ml, no segundo. Pero aínda que lle deas esta achega extra, o teu corpo non terá suficiente, así que fará uso das túas reservas graxas. É por iso que as mulleres que optan pola lactación natural soen recuperar antes o peso anterior ao embarazo.

Máis información

Semana 10: Alimentación no 1º trimestre

Semana 17: Alimentación no 2º trimestre

Semana 26: Alimentación para o 3º trimestre

Semana 34: Alimentación postparto

Foto 1: photo credit: John Steven Fernandez

Foto 2:  photo credit: Pink Sherbet Photography

Novidades no portal
Estamos encantados de vos presentar o web O teu embarazo nas súas versións en castelán e en catalán. Este portal xurdiu como un complemento a unha guía en papel que se distribúe de xeito gratuíto en tendas especializadas de Galicia, pero queremos aproveitar o seu formato electrónico para enriquecela con noticias e contido en varios idiomas.

As traducións forman parte dunha serie de cambios, algúns xa realizados e outros planexados. Para comezar, eiquí ampliamos a información da guía con temas que non tiveron cabida na edición en papel, como axudas por maternidade, dereitos laborais, entrevistas a asociacións, ou profundizando en temas como a lactación, o coidado dos nenos, etc. Tamén atoparedes unha listaxe de ligazóns de interese na columna dereita, para obter máis información sobre temas específicos.

O portal tamén vai mellorado aos poucos, con pequenos cambios como a inclusión dun mapa do sitio ou navegación entre as páxinas das semanas.

As traducións centráronse no contido máis relevante da web: as 40 semanas do embarazo. As noticias publicadas, que están moitas veces centradas no ámbito galego. Non as traduciremos sempre, ou se fará de forma automática coas limitacións que sabemos isto pode ter.

Algúns cambios que seguimos tendo pendentes son o redeseño da web, para aliñar a súa imaxe coa guía en papel e o maior uso de recursos audiovisuais. Se tedes algunha suxerencia, tanto no que se refire ao portal como ao contido que vos gustaría que tratásemos, estaremos encantados de escoitalas e telas en conta.

Un saúdo do equipo de agalip.

Escolas Infantís en Galicia
Á hora de coidar aos nenos pequenos existen moitas opcións, case tantas coma situacións familiares. Algunhas familias escollen quedar cos nenos ata que empezan a escolarización obrigatoria, deixando de traballar un dos seus membros para adicarse a esta tarefa. Outras botan man dos avós e avoas para que lles axuden. Tamén hai quen escolle contratar a alguén para que coide dos pequenos, as veces axudando tamén coas tarefas do fogar. Moitas familias optan por levar aos nenos de entre 0 e 3 anos a unha gardería ou escola infantil. Todas as opcións teñen vantaxes e desvantaxes, o mellor é escoller o que se axuste máis á vida da familia, o seu ritmo de traballo e o que consideremos mellor no noso caso para a crianza. Se escolledes levar aos vosos fillos e fillas a unha escola infantil, neste artigo falaremos das diferentes opcións que tedes en Galicia.

Para fomentar a conciliación laboral, a Xunta de Galicia conta cunha rede de escolas infantís, A Galiña Azul, tamén chamadas Galescolas. Segundo a páxina web da rede de escolas infantís, a rede esta xestionada polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Trátase dun servizo público de atención á infancia para idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos,  que busca adaptarse ao concepto de familia do século XXI e permitir a conciliación da vida laboral e persoal da cidadanía galega ao tempo que facilita a súa inserción no mercado laboral. Na páxina web atoparedes a listaxe das 106 escolas infantís públicas en Galicia.

Escola Infantil en Dodro

Na páxina web da Rede Galega de Escolas Infantís tamén podedes atopar documentación variada sobre nutrición ou material didáctico. Botamos a faltar a posibilidade de se matricular a través do portal web, así que se estades interesados/interesadas en matricular as vosas crianzas, teredes que facelo do xeito tradicional. O máis sinxelo é achegarse á escola que teñades máis preto do fogar ou do traballo e preguntar alí sobre a dispoñibilidade de prazas, os prazos de matriculación e as xestións pertinentes.

Desafortunadamente a demanda de prazas soe ser maior que a oferta, polo que algunhas familias terán que optar por matricular as crianzas en escolas infantís privadas, o que conleva un maior custe. Para atopar garderías na vosa area podedes empregar algúns dos portais xa existentes que recollen este tipo de información, coma TuGuarderia.com. É unha boa idea coñecer o centro e mailo seu equipo antes de levar ao pequeno e facer preguntas sobre as actividades que se levarán a cabo, o material que teredes que achegar ao centro, horarios… Tede en conta que a maioría dos centros recomendan un tempo de adaptación nos primeiros días na escola, dándolle a oportunidade ao neno/nena de afacerse ao novo entorno e máis ao persoal que estará ao seu cargo.

Máis información:

Rede Galega de Escolas Infantís: http://escolasinfantis.net/

Listaxe de Escolas Infantís Públicas: http://escolasinfantis.net/index.php?modulo=directorio&accion=verDirectorio&id_categoria=15&cambia_pax=true&num_pax=0

TuGuarderia.com: http://www.tuguarderia.com/

AGADEI (Asociación Galega de Escolas Infantís): http://www.agadei.org/

Foto 1: photo credit: visualpanic

Foto 2:  photo credit: xornalcerto

Proxecto Piloto para Introducir a Vacina Contra o Pneumococo
A consellería de Sanidade ven de anunciar que porá en marcha un proxecto piloto para avaliar a efectividade da introducción no calendario vacinal da vacina contra o pneumococo en nenas e nenos a partir de dous meses de idade. Esta vacina protexe contra infeccións que poden ser graves como é o caso da meninxite pneumocócica, a sepse meningocócica, ou as neumonías, entre outras patoloxías. Tamén inmuniza, en certos casos, contra a otite media aguda, proceso moi frecuente nos cativos.

Tamén se esta a considerar, en relación coa pauta vacinal, a introdución dunha segunda dose para asegurar unha boa protección nos nenos e nenas que se vacinan de varicela e, ademais, o cambio da quinta dose da vacina DTP (difteria, tétano e toseferina), que se pon aos seis anos, por outra con compoñente reducido, que presenta menos reacción, ao tempo que a protección que confire é igual.

Podedes consultar o calendario de vacinas na páxina do Colexio Ofical de Farmacéuticos da Provincia da Coruña.

photo credit: Andres Rueda

Máis info:

Noticia no Sergas

Noticia no Faro de Vigo

A maternidade e o dereito ao voto
Exercicio do dereito ao voto e baixa parental

O Parlamento Galego, a instancia do Grupo Popular, está a debatir un Acordo que permita garantir o exercicio do dereito ao voto das deputadas que se atopen en situación de baixa por maternidade ou, no seu caso, por xestación.O debate non é novo, e outros Parlamentos Autonómicos xa recollen no seus Regulamentos este suposto. As opcións que caben en esta circunstancia son tres: delegación do voto, emprego de medios electrónicos ou substitución temporal.

No caso dos Parlamentos de Cataluña (2005), Euskadi (2008) e Andalucía (2009) a alternativa elexida foi a delegación do voto, esta é a que se está discutindo no caso galego. Pola contra, as Cortes Valencianas (2006) permiten a emisión do voto, por parte das e dos parlamentarios nestas circunstancias, facendo uso de videoconferencia ou doutros sistemas tecnolóxicos. Asemade, Euskadi, Valencia e Andalucía contemplan tanto o permiso de maternidade como o de paternidade.

No que se refire ás Cortes Xerais, hai unha proposición de reforma do ano 2008, presentada polo Grupo Parlamentario Catalán, pero aínda non foi tomada en consideración. Tamén se presentou un informe encargado polo Goberno sobre Permisos de Maternidade e Paternidade das persoas que ostentan un cargo electo. Comparecencia de Presentación, (xuño de 2009).

Os distintos medios fixéronse eco desta cuestión. Aquí recollemos algunhas das novas aparecidas ao respecto:

A primeira deputada que delega o seu voto por maternidade.

Artigo sobre o Procedemento nas Cortes Valencianas para posibilitar o voto por medios telemáticos.

Andalucía. O Parlamento reforma por unanimidade o seu Regulamento para delegar o voto en caso de maternidade.

Grupos galegos ven ben que deputadas de baixa poidan votar, pero PsdeG discrepa na delegación de voto.

A Presidenta do Parlamento Galego propón que as deputadas de baixa por maternidade poidan delegar o seu voto.

Que sucede no caso das mulleres que por circunstancias relacionadas co embarazo, parto ou o puerperio non poden acudir a votar?

A Ley Orgánica 5/1985 de Réxime Electoral Xeral non contempla este suposto particular. Con todo, nos Artigos 72 e 73 relativos ao voto por correspondencia, sinala que “os electores que prevén que na data da votación (…) non poidan personarse, poden emitir o seu voto por correo”.

O voto por correo hai que solicitalo por anticipado, nun calendario previamente establecido, e dirixíndose en persoa á oficina de correos máis cercana.

Dereito a exames no emprego público

Na actualidade, xa hai casos de mulleres que teñen feito o exame de acceso ao funcionariado público nun hospital por ter dado a luz e estar hospitalizadas en datas cercanas á da realización do exame. A propia lei de igualdade recolle un artigo que posibilita estas actuacións:

Artículo 61. Formación para a igualdade.

1. Todas as probas de acceso ao emprego público da Administración Xeral do Estado e dos organismos públicos vencellados ou dependentes dela contemplarán o estudo e a aplicación do principio de igualdade entre mulleres e homes nos diversos ámbitos da función pública.

En todo caso, o exame ha de celebrarse simultáneamente ao que se esté celebrando no recinto oficial, e nas mesmas condicións que o resto. Iso si, unha representación do tribunal hase de desprazar ata o Hospital para conferirlle validez á proba

E se traballas na empresa privada?

Segundo o Estatuto dos traballadores (artigo 23), teríamos dereito a asistir a exames avisando con antelación á empresa. Os termos do exercicio deste dereito pactaránse no convenio colectivo aplicable, o cal determinirá se é un permiso retribuído ou non.Se o convenio non recolle nada ao respecto, será o propio traballador quen teña que chegar a un acordo coa empresa.

Unidade de Partos do Complexo Hospitalario de Ourense
Oteuembarazo visitou o Complexo Hospitalario de Ourense, adherido ao Parto Normal dende o 2008. Fomos atendidos por José Luis Doval (xefe de Obstetricia e Xinecoloxía), Antonia Iglesias Santos (supervisora da Unidade de Partos) e por Marisol de Diego Suárez (matrona). Entre os tres explícanos o proceso de implementación do parto normal, o equipamento co que contán na unidade e o que as mulleres poden esperar ao dar a luz no Complexo.

Equipamento

<object width="400" height="300" data="http://vimeo.com/moogaloop.swf?clip_id=11783390&server=vimeo.com&show_title=1&show_byline=1&show_portrait=0&color=&fullscreen=1" type="application/x-shockwave-flash"><param name="allowfullscreen" value="true" /><param name="allowscriptaccess" value="always" /><param name="src" value="http://vimeo.com/moogaloop.swf?clip_id=11783390&server=vimeo.com&show_title=1&show_byline=1&show_portrait=0&color=&fullscreen=1" /></object>

Equipamento Unidade Partos do Complexo Hospitalario Ourense from agalip on Vimeo.

O parto non intervido

<object width="400" height="300" data="http://vimeo.com/moogaloop.swf?clip_id=11779761&server=vimeo.com&show_title=1&show_byline=1&show_portrait=0&color=&fullscreen=1" type="application/x-shockwave-flash"><param name="allowfullscreen" value="true" /><param name="allowscriptaccess" value="always" /><param name="src" value="http://vimeo.com/moogaloop.swf?clip_id=11779761&server=vimeo.com&show_title=1&show_byline=1&show_portrait=0&color=&fullscreen=1" /></object>

Matronas Complexo Hospitalario Ourense from agalip on Vimeo.

Prefiren as mulleres este servizo?

As mulleres que optan por este tipo de parto e se pode levar a termo (non se presentan complicacións que o impidan) quedan moi satisfeitas co servizo.Na miña opinión, non todo é branco nin negro. A nosa filosofía e ir cara o parto natural pero non todas as mulleres o demandan nin en todos os casos é posible, ás veces xorden complicacións. A demanda de parto natural está actualmente sobre un 10-12%.

O importante é que as mulleres teñan posibilidades entre as que elexir e os profesionais traten de cumprir, sempre que sexa posible, os seus desexos. Debemos recuperar a confianza entre o profesional e a muller. Isto permite negociar o que se pode dar e ata onde.

Implementación da Unidade de Parto Natural

<object width="400" height="300" data="http://vimeo.com/moogaloop.swf?clip_id=11781023&server=vimeo.com&show_title=1&show_byline=1&show_portrait=0&color=&fullscreen=1" type="application/x-shockwave-flash"><param name="allowfullscreen" value="true" /><param name="allowscriptaccess" value="always" /><param name="src" value="http://vimeo.com/moogaloop.swf?clip_id=11781023&server=vimeo.com&show_title=1&show_byline=1&show_portrait=0&color=&fullscreen=1" /></object>

José Luis Doval, Complexo Hospitalario Ourense from agalip on Vimeo.

Esta Unidade de Atención ao Parto Natural está a funcionar desde o ano 2008. Como foi o proceso de implementación do Servizo?

O proceso iniciouse cunha solicitude de subvención ao Ministerio de Sanidade que, por aquel entón, contaba cunha liña dirixida a mellora de atención ao parto. Con estes cartos fixose a obra e mercouse o equipamento. Paralelo a isto, o persoal do servizo pasou unha estancia formativa en diversos hospitais españois que xa estaban aplicando esta técnica. A súa volta puxeron en común e explicaron ao resto de compañeiros o aprendido. A finalidade da formación era romper o esquema de actuación seguido ata ese momento.

No tocante a procedementos e actuacións, en que se diferencia dunha Unidade de Atención ao Parto Convencional?

Independentemente do tipo de parto que prefira a muller, non aplicamos ningún procedemento por sistema, como pode ser o rasurado ou poñer un enema. Na medida do posible, seguimos a mesma filosofía tanto se nos demandan un parto natural como convencional, sempre tendo en conta os desexos da muller e en función de como se presente o parto. Asemade, as mulleres poden vir e coñecer as instalacións e falar co persoal antes de dar a luz.

Con que recursos humanos e materiais conta? Son suficientes para atender a toda a poboación demandante? De non ser así, prevense plans de mellora ou ampliación da Unidade?

Os recursos humanos son os mesmos cos que se contaba con anterioridade. En canto aos materiais, habilitouse unha sala de dilatación con cama especial, monitores, bañeira e demais equipamento. Polo de agora son suficientes para atender a demanda, que anda sobre un 10-12%.

Aínda que só contamos cunha sala específica de parto natural, non quere dicir que no resto de salas non se dea ese servizo. E unha cuestión de modo de traballar máis que de recursos materiais. Co obxectivo de que todo o persoal aplique a mesma filosofía estanse levando a cabo cursos de formación.

A implantación desta modalidade de Parto enmarcase no Plan de Atención Integral á Saúde da Muller. Cal/es son os obxectivo/s que se perseguen co mesmo?

O Plan de Atención Integral tiña como obxectivo principal homoxeneizar os protocolos, xa que tal como aparece reflectido no estudo previo, non existía nin homoxeneidade nin equidade nos procedementos que se aplicaban nos distintos centros. Tamén se lle preguntou ás propias mulleres. Dentro do Plan de Atención Integral á Saúde da Muller cabe destacar que ademáis dos temas relacionados coa xinecoloxía, tamén se recollían aqueles que teñen que ver con doenzas que afectan dunha maneira especial ás mulleres, como a fibromialxia, o reuma, etc.

Sabemos que no caso do hospital do Salnés, hai mulleres que non son da súa zona de influencia que queren ir dar a luz aí, atópanse vostedes con situacións similares? É posible que calquera muller dea a luz neste centro, independentemente de onde viva?

Iso non é así. Ben é certo que cando unha muller facía unha queixa e esta chegaba a altas estancias, facíase o posible para que fora atendida alí. Así que o que houbo foron casos autorizados pero limitados. Con todo, se ti queres dar a luz nun determinado centro só tes que entrar pola porta. Se algunha muller que non é da nosa área de influencia chama para ser atendida aquí, aténdese sen problemas. Mentres se poida atender a demanda non hai inconveniente.

Para maís información

Nota de prensa do Gabinete de comunicación do Complexo Hospitalario de Ourense, do 19 de Novembro de 2008. Descargar aquí parto-natural-ourense.

Especial Letras Galegas 2010: Uxío Novoneyra e a literatura infantil
O día das letras galegas está adicado este ano ao escritor Uxío Novoneyra. O escritor lucense posúe unha ampla e variada obra literaria que vai dende a prosa á poesía. A súa obra poética, ademáis, está traducida a numerosas linguas de todo o mundo, coma o éuskaro, alemán, gaélico e incluso xaponés. Dentro da profusa obra de Novoneyra tamén hai espazo para a literatura infantil.

En 1990 vía a luz o libro O Cubil do Xabarín, a súa primeira obra para nenos, con ilustracións de Quintana Martelo (quen tamén se estrenaba na literatura infantil) onde pon de manifesto a soberanía do xabarín nos montes do interior galego, tal que o león na sabana africana. O xabarín, ademáis, será un animal recurrente na súa obra infantil.

En 1992 Novoneyra escribe o libro Gorgorín e Cabezón: un conto sobre dous amigos onde xoga coa lenda dos “homes do saco”. En 1998 escribe Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín, o seu último conto para nenos, no que narra a historia dunha nena, Ilda, que medra acompañada polos seus amigos animais: un corzo, un xabarín e un lobo. A nivel lingüístico destacan estas obras por incorporar un anexo co vocabulario da súa terra, o Courel, explicado, feito que aporta luz á riqueza lingüística da nosa fala. Todas estas obras están amparadas baixo o paraugas editorial de Ala Delta (cantas tardes de imaxinación!) que, por aquel entón, dirixía Xulio Cobas Brenlla, e que puido ter moito que ver nesta aventura infantil de Novoneyra.

Calquera destas obras é recomendable para nenos a partires de 8 anos. O día das Letras Galegas 2010 é unha escusa moi boa para acercarse á obra deste escritor do interior e deixarse seducir polas paisaxes rurais e o agreste monte do interior galego.

Fonte foto: AELG

Campañas fomento do galego

O goberno autonómico galego ten un organismo que vela polo fomento do uso do galego, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, onde podemos ver as campañas activas sobre o galego, e incluso as pasadas.  Relacionadas coa temática da nosa web, atopamos unha proposta moi interesante: Canta cos axóuxeres, unha campaña de promoción de cancións de berce para os nosos bebés. A continuación rescatamos un exemplo da web:

Señor Noé (canción de Uxía en Canta cos Axóuxeres 2007)

Descarga a canción en mp3

Aí vai o Señor Noé

comandando o batallón,

o mono vai sentado

na cabeza do león

O gato fai miau, miau, miau, miau

O can fai guau, guau, guau, guau

Perú fai gluuu

Carneiro fai meee

E o galo, cando quer,  quequere queque queque

Porqué é tan importante a cuestión lingüística entre os máis novos?

A pregunta ten unha resposta sinxela: porque son os seus falantes os que fan que unha lingua perviva e, neste momento, a lingua galega está a atravesar momentos difíciles, xa que o seu uso descende a pasos axigantados entre os máis cativos, como podemos ver nas seguinte gráfica:

Fonte: wikipedia en galego

Oficialmente, existen múltiples institucións que velan polo desenvolvemento da lingua galega, como son a RAG, (Real Academia Galega), o ILG (Instituto da Lingua Galega) ou o Consello da Cultura Galega. Tamén esisten outras asociacións como a Mesa pola Normalización Lingüística ou a Associaçom Galega da Lingua, ligada esta última ao movemento reintegracionista (defenden ao galego coma unha variedade da lingua portuguesa).

Dende o punto de vista institucional, as campañas publicitarias (arriba mentadas), os cursos de formación coma o CELGA e o servizo de asesoramento lingüístico son os principais activos para a normalización lingüsitica, no entanto, non se consegue reverter esa situación de “lingua minorizada” para o galego.