Sábado, 19 de Maio de 2012

A vacina do neumococo será gratuita

31 - Xaneiro - 2011 por admin  
Arquivado en Actualidade, Destacamos, Xeral

A partir deste ano a vacina do pneumococo pasará a ser gratuita en Galicia. Dita vacina, que custaba 300 euros anteriormente, protexe de enfermidades graves neumococicas, como a meninxite, o shock séptico ou as neumonías invasivas.

Serán vacinados os nenos e nenas nados no 2010 e 2011. A vacina será administrada aos 2, 4 e 12 meses.

Fonte: La Voz de Galicia

Fonte Imaxe: Daniel Paquet

Novas relacionadas: Proxecto piloto para introducir a vacina contra o pneumococo

Novidades no portal

28 - Xullo - 2010 por admin  
Arquivado en Actualidade, Destacamos

Estamos encantados de vos presentar o web O teu embarazo nas súas versións en castelán e en catalán. Este portal xurdiu como un complemento a unha guía en papel que se distribúe de xeito gratuíto en tendas especializadas de Galicia, pero queremos aproveitar o seu formato electrónico para enriquecela con noticias e contido en varios idiomas.

As traducións forman parte dunha serie de cambios, algúns xa realizados e outros planexados. Para comezar, eiquí ampliamos a información da guía con temas que non tiveron cabida na edición en papel, como axudas por maternidade, dereitos laborais, entrevistas a asociacións, ou profundizando en temas como a lactación, o coidado dos nenos, etc. Tamén atoparedes unha listaxe de ligazóns de interese na columna dereita, para obter máis información sobre temas específicos.

O portal tamén vai mellorado aos poucos, con pequenos cambios como a inclusión dun mapa do sitio ou navegación entre as páxinas das semanas.

As traducións centráronse no contido máis relevante da web: as 40 semanas do embarazo. As noticias publicadas, que están moitas veces centradas no ámbito galego. Non as traduciremos sempre, ou se fará de forma automática coas limitacións que sabemos isto pode ter.

Algúns cambios que seguimos tendo pendentes son o redeseño da web, para aliñar a súa imaxe coa guía en papel e o maior uso de recursos audiovisuais. Se tedes algunha suxerencia, tanto no que se refire ao portal como ao contido que vos gustaría que tratásemos, estaremos encantados de escoitalas e telas en conta.

Un saúdo do equipo de agalip.

Proxecto Piloto para Introducir a Vacina Contra o Pneumococo

28 - Xuño - 2010 por admin  
Arquivado en Actualidade

A consellería de Sanidade ven de anunciar que porá en marcha un proxecto piloto para avaliar a efectividade da introducción no calendario vacinal da vacina contra o pneumococo en nenas e nenos a partir de dous meses de idade. Esta vacina protexe contra infeccións que poden ser graves como é o caso da meninxite pneumocócica, a sepse meningocócica, ou as neumonías, entre outras patoloxías. Tamén inmuniza, en certos casos, contra a otite media aguda, proceso moi frecuente nos cativos.

Syringe

Tamén se esta a considerar, en relación coa pauta vacinal, a introdución dunha segunda dose para asegurar unha boa protección nos nenos e nenas que se vacinan de varicela e, ademais, o cambio da quinta dose da vacina DTP (difteria, tétano e toseferina), que se pon aos seis anos, por outra con compoñente reducido, que presenta menos reacción, ao tempo que a protección que confire é igual.

Podedes consultar o calendario de vacinas na páxina do Colexio Ofical de Farmacéuticos da Provincia da Coruña.

Creative Commons License photo credit: Andres Rueda

Máis info:

Noticia no Sergas

Noticia no Faro de Vigo

Benvid@s á plataforma “O teu embarazo”

7 - Xaneiro - 2010 por admin  
Arquivado en Actualidade

Benvid@s a teuembarazo.com! Está a piques de ocorrerche unha das cousas máis marabillosas e complicadas do mundo: comeza o ciclo da vida dentro de ti… e tamén o ciclo das inquedanzas e interrogantes na túa cabeza. Nós acompañarémoste ao longo destas 40 semanas, nas que se sucederán os bos momentos, as dúbidas e os medos. Todas elas son etapas polas que pasa calquera embarazada. Por iso, esperamos que nestas páxinas atopes acougo nos momentos de incerteza e resposta ás túas curiosidades. Falaremos de alimentación, síntomas, molestias, probas ou do desenvolvemento do teu futuro fillo, entre outras cousas. Pero en ningún momento pretendemos substituír o labor e o apoio da túa matrona.

Deixaremos de lado boa parte da terminoloxía médica. Falaremos dun xeito sinxelo, sen os termos complicados que enchen moitos libros. Ademais, a guía está estruturada por semanas para que saibas sempre en que momento te atopas e como podes mellorar cun cambio na túa rutina. Sen dúbida, ti e mais o teu futuro bebé pasaredes por ciclos moi diferentes e cheos de altibaixos. Pero será toda a familia a que viva o proceso de xestación e, por iso, non nos esquecemos do futuro pai. El tamén terá o seu espazo nesta guía, para que se sinta máis implicado e comprenda mellor o que ti sentes. Un tempo de espera de 40 semanas é moito tempo e, ao longo delas, precisarás de moitas respostas dende a concepción ata o intre máxico de entrar no voso fogar co novo membro da familia. De todo iso falaremos nesta pequena guía. Non a perdas de vista, pretendemos ser o teu “manual de uso”. Aí vai o primeiro consello: goza. Goza dun momento máxico para ti e para a túa parella. Dende aquí desexámosche o mellor embarazo.

O teu embarazo Semana a Semana:

Primeiro trimestre

Segundo trimestre

Terceiro trimestre

Agalip lanza a 1ª guía en galego sobre o embarazo totalmente gratuíta

7 - Xaneiro - 2010 por admin  
Arquivado en Actualidade

A Axencia Galega de Información Profesional, Agalip, lanza a primeira guía gratuíta en galego para as mulleres embarazadas de Galicia. A guía repartírase en tendas especializadas.

Sen escola polo temporal

9 - Febreiro - 2009 por admin  
Arquivado en Actualidade

Feel it?Cal foi a miña sorpresa cando me atopei esta mañá a gardería pechada! O parecer o novo temporal (que este ano non paramos co mal tempo), vai ser bastante importante. De feito a Consellería de Educación suspendeu todas as actividades escolares hoxe 9 de febreiro nos centros educativos de ensino non universitario de toda Galicia.

Esta decisión foi tomada pola Xunta tras coñecer as previsión da Dirección Xeral de Protección Civil sobre o tempo. Segundo Protección Civil, Galicia “verase afectada por un episodio de meteoroloxía adversa motivado por fortes ventos que cualifica de nivel laranxa (risco importante), circunstancia que aconsella a adopción de medidas urxentes para a protección da comunidade educativa”. É dicir, que vai facer un tempo deses de quedar na casa.

Notificación Oficial da suspensión de actividades: http://www.edu.xunta.es/AVISO/notificacion_oficial.pdf

Creative Commons License photo credit: pg! ~

Crece o número de nacementos no hospital Xeral de Vigo

8 - Xaneiro - 2009 por admin  
Arquivado en Actualidade

mini-me
No 2008 creceu o número de nacementos no Hospital Xeral de Vigo, ata alcanzar os 4728. No 2007 naceran só 4383 bebes, así que a diferencia é notable, sobre todo tendo en conta que nos datos do 2008 non se contan os últimos nacementos.

Tamén cabe destacar que o número de cesáreas descendera do 2006 ó 2007, unha tendencia que esperamos se teña mantido no 2008.

Fonte: Faro de Vigo

Foto: Creative Commons License photo credit: Gustty