Sábado, 19 de Maio de 2012

Obradoiro As emocións infantís e as nosas

13 - Decembro - 2011 por admin  
Arquivado en Actividades, Destacamos

O centro educativo Galén, privado e laico, esta a organizar uns obradoiros para familias e profesionais que serán impartidos por Yolanda González. O primeiro está dirixido ao profesorado de Educación Infantil, primeiro ciclo de primaria, profesionais da psicoloxía, pedagoxía e todos aqueles interesados e interesadas na educación e desenvolvemento dos máis pequenos e pequenas. A información principal é a seguinte:

Creando pontes entre o mundo infantil e o adulto. Aproximación á comprensión do desenvolvemento emocional infantil

Os contidos son:

  • Proceso evolutivo infantil
  • A  función do vínculo. Tipos de vínculo
  • A  agresividade infantil. Función. Abordaxe
  • A  sexualidade  infantil
  • A  escolarización temperá.

Datas e horario: do 24 ao 26 de Febreiro de 2012

  • Venres 24 de 17 a 20 hrs
  • Sábado 25 de 10 a 13:30 e de 16 a 18 hrs.
  • Domingo 26 de 10 a 13:30 e de 16 a 19:00 hrs.

Prezo: 120 €

Inscricións antes do 16 de decembro.

O segundo, máis orientado ás familias, pero cunha temática parecida:

As emocións infantís e as nosas.

Datas e horario:  Sábado 24 de febreiro de18 a 20 hrs.

Prezo: 25€ individual e 40 por parella.

Haberá servizo de gardería

Aberto prazo de inscrición ata 6 Febreiro

Para rexístravos en calquera deles podedes contactar con Galén: curso@centrogalen.com ou no teléfono 982265205.

Especial Letras Galegas 2010: Uxío Novoneyra e a literatura infantil

17 - Maio - 2010 por admin  
Arquivado en Actividades

novoneyraO día das letras galegas está adicado este ano ao escritor Uxío Novoneyra. O escritor lucense posúe unha ampla e variada obra literaria que vai dende a prosa á poesía. A súa obra poética, ademáis, está traducida a numerosas linguas de todo o mundo, coma o éuskaro, alemán, gaélico e incluso xaponés. Dentro da profusa obra de Novoneyra tamén hai espazo para a literatura infantil.

En 1990 vía a luz o libro O Cubil do Xabarín, a súa primeira obra para nenos, con ilustracións de Quintana Martelo (quen tamén se estrenaba na literatura infantil) onde pon de manifesto a soberanía do xabarín nos montes do interior galego, tal que o león na sabana africana. O xabarín, ademáis, será un animal recurrente na súa obra infantil.

En 1992 Novoneyra escribe o libro Gorgorín e Cabezón: un conto sobre dous amigos onde xoga coa lenda dos “homes do saco”. En 1998 escribe Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín, o seu último conto para nenos, no que narra a historia dunha nena, Ilda, que medra acompañada polos seus amigos animais: un corzo, un xabarín e un lobo. A nivel lingüístico destacan estas obras por incorporar un anexo co vocabulario da súa terra, o Courel, explicado, feito que aporta luz á riqueza lingüística da nosa fala. Todas estas obras están amparadas baixo o paraugas editorial de Ala Delta (cantas tardes de imaxinación!) que, por aquel entón, dirixía Xulio Cobas Brenlla, e que puido ter moito que ver nesta aventura infantil de Novoneyra.

Calquera destas obras é recomendable para nenos a partires de 8 anos. O día das Letras Galegas 2010 é unha escusa moi boa para acercarse á obra deste escritor do interior e deixarse seducir polas paisaxes rurais e o agreste monte do interior galego.

Fonte foto: AELG

Campañas fomento do galego

O goberno autonómico galego ten un organismo que vela polo fomento do uso do galego, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, onde podemos ver as campañas activas sobre o galego, e incluso as pasadas.  Relacionadas coa temática da nosa web, atopamos unha proposta moi interesante: Canta cos axóuxeres, unha campaña de promoción de cancións de berce para os nosos bebés. A continuación rescatamos un exemplo da web:

axouxeres

Señor Noé (canción de Uxía en Canta cos Axóuxeres 2007)

Descarga a canción en mp3

Aí vai o Señor Noé
comandando o batallón,

o mono vai sentado
na cabeza do león

O gato fai miau, miau, miau, miau

O can fai guau, guau, guau, guau

Perú fai gluuu

Carneiro fai meee

E o galo, cando quer, 
quequere queque queque

Porqué é tan importante a cuestión lingüística entre os máis novos?

A pregunta ten unha resposta sinxela: porque son os seus falantes os que fan que unha lingua perviva e, neste momento, a lingua galega está a atravesar momentos difíciles, xa que o seu uso descende a pasos axigantados entre os máis cativos, como podemos ver nas seguinte gráfica:

usogalego

Fonte: wikipedia en galego

Oficialmente, existen múltiples institucións que velan polo desenvolvemento da lingua galega, como son a RAG, (Real Academia Galega), o ILG (Instituto da Lingua Galega) ou o Consello da Cultura Galega. Tamén esisten outras asociacións como a Mesa pola Normalización Lingüística ou a Associaçom Galega da Lingua, ligada esta última ao movemento reintegracionista (defenden ao galego coma unha variedade da lingua portuguesa).

Dende o punto de vista institucional, as campañas publicitarias (arriba mentadas), os cursos de formación coma o CELGA e o servizo de asesoramento lingüístico son os principais activos para a normalización lingüsitica, no entanto, non se consegue reverter esa situación de “lingua minorizada” para o galego.

Curso de rehabilitación Post-parto en Santiago

21 - Xaneiro - 2010 por admin  
Arquivado en Actividades

Petra Hofman, en Santiago de Compostela, esta a organizar un curso de rehabilitación post-parto para nais e bebés. Podedes atopar toda a información na web Cosita de Oro, onde tamén tedes información das outras actividades que leva a cabo Petra, coma os cursos de Tai-Chi ou Suzuki e o Laboratorio de Movementos. Petra busca nais ou futuras nais interesadas para porse dacordo en horarios:

CURSO DE REHABILITACIÓN POSTPARTO
probablemente va a ser por la mañana
estamos en un salón cálido con ambiente tranquilo…
precio por una clase a la semana (90min.): 30€ mensual -plazas limitadas-contacto: 650657229

Cartaz

hofman_postparto

Lastro Laranxa, obra de teatro no día da Familia

9 - Maio - 2009 por admin  
Arquivado en Actividades

A fundación Meniños presenta a obra teatral Lastro Laranxa, pola Escola Municipal de Teatro de Palas de Rei. A función será o vindeiro martes 12 de maio, ás 20:00 horas no salón de actos do Instituto Tecnolóxico Empresarial de Caixa Galicia (Ronda de Nelle 31, na Coruña). A obra está concibida para todos os públicos e enmárcase nos actos de conmemoración do Día da Familia -15 de maio-. A entrada é gratuíta.Achegámosvos a sinopse de “Lastro Laranxa”:

Espectáculo interactivo onde a hilaridade, a ledicia e o imprevisto acompañarán ao espectador ao longo de heteroxéneas historias. Realizaranse varias paradas no tren do humor, da ironía e da graza para que o público se mergulle nun subxugante universo humorístico, cargado de exactas doses reflexivas. Este xogo metateatral está composto por historias independentes que se entretetecen e cohesionan a través da interacción co público e mediante un tecido temático de actualidade. Trátase, pois, dunha viaxe a través do pensamento das personaxes e dos receptores que desemboca nun fluír de conciencia con posibles respostas aos interrogantes vitais que todo ser humano se formula: as dificultades nas relacións familiares, a influencia dos medios de comunicación na vida cotiá, os efectos negativos na natureza de determinadas condutas irresponsables do ser humano, a soidade que padecen os anciáns, a cooperación entre as persoas como única alternativa á mellora da calidade de vida…

Este xogo metateatral está composto por historias independentes que se entretetecen e cohesionan a través da interacción co público e mediante un tecido temático de actualidade. Trátase, pois, dunha viaxe a través do pensamento das personaxes e dos receptores que desemboca nun fluír de conciencia con posibles respostas aos interrogantes vitais que todo ser humano se formula: as dificultades nas relacións familiares, a influencia dos medios de comunicación na vida cotiá, os efectos negativos na natureza de determinadas condutas irresponsables do ser humano, a soidade que padecen os anciáns, a cooperación entre as persoas como única alternativa á mellora da calidade de vida…

Para engadir este evento o voso propio calendario clicade eíqui:

Animación á lectura na Galería Sargadelos, en Santiago

24 - Abril - 2009 por admin  
Arquivado en Actividades

kalandraka

Concurso de fotografía Lactancia Materna

21 - Abril - 2009 por admin  
Arquivado en Actividades

Coa finalidade de promover a Lactación Materna, a matrona de Noia Pilar Burke, decide organizar en colaboración coa Federación Galega de Asociacións de Apoio á Lactación Materna (FEDEGALMA), e coa participación da Dirección Xeral de Saúde Pública, e o Excmo. Concello de Noia un concurso de fotografía, con fotos realizadas ás nais que aleitan os seus fillos e fillas en diferentes situacións da vida: no campo, na praia, nunha cafetería ou restaurante…

alletant
Pódedes consultar as bases na páxina da FEDEGALMA (http://www.fedegalma.org)e o prazo para a recibir as fotos é ata o 15 de maio. Os premios serán os seguintes:

  • Un primeiro premio de 1.000€ á mellor fotografía.
  • Un segundo premio de 600€.
  • Un terceiro premio de 400€.
  • Un cuarto premio de 200€ en cheques regalo para gastar en comercios da vila.

Farase unha exposición con todas as fotografías recibidas no “Teatro Coliseo Noela” os días 12 e 13 de Xuño. Os premios entregaranse ó final da Charla sobre Lactación Materna, que se celebrará no mesmo lugar da exposición o día 13 de Xuño. Os gañadores serán informados previamente.

Creative Commons License photo credit: diluvi

Presentación do libro “Todos os animais ó caixón”

16 - Abril - 2009 por admin  
Arquivado en Actividades

animación á lectura
A autora Susa Herrera presenta o 17 de Abril, as 18:00, o libro Todos os animais ó caixón. O libro esta editado pola editorial “Primeira persoa”.

A presentación contará coa actuación do Grupo musical Mamá Cabra que fixo os arranxos de música. Na casa somos fans de Mamá cabra, que fan música divertida e en galego para nenos. Recomendovos que visitedes a súa páxina web, onde poderedes atopar cancións, actividades e as datas dos próximos concertos.

Para os que non poidan asistir, deixovos o video, non ten desperdicio:

Ligazóns de interese:

Mamá Cabra: http://mamacabra.com

Biblioteca Pública Anxel Casal: www.rbgalicia.org/santiago

Foto: Creative Commons License photo credit: luiginter

Representación teatral na Coruña coa Fundación Meniños

12 - Marzo - 2009 por admin  
Arquivado en Actividades

As Aulas de Teatro dos colexios de Vedra e Touro, colaboradoras habituais da Fundación Meniños, van representar “Fábula” o vindeiro xoves 12 de marzo, ás 20:00 horas, no auditorio da Sede da Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande 21-24, na Coruña). A entrada será gratuíta.

Teatro e Fundación Meniños

Charla sobre hábitos de alimentación saudable en Santiago

4 - Febreiro - 2009 por admin  
Arquivado en Actividades

  • Actividade: Charla sobre hábitos de alimentación saudable
  • Lugar: Santiago de Compostela, sede da Fundación Caixa Galicia (rúa do Vilar, 19)
  • Cando: mércores 4 de febreiro, ás 20:00 horas
  • Para quén: educadores, pais, nais, monitores de comedores escolares, monitores de tempo libre, nutricionistas, dietistas, etc
Pink Orange Bossom

Creative Commons License Pink Sherbet Photography

O interesante programa de Saúde Infantil Thao organiza hoxe unha charla en Santiago de Compostela. Este programa, xurdido en Francia hay máis dunha década, tenta loitar contra á obesidade infantil mediante accións nas escolas e nos concellos. Santiago de Compostela é a primeira cidade galega na que se pon en marcha o programa Thao Saúde Infantil e nos xa vós contamos outra das actividades englobadas neste programa: Talleres gastrónomicos para nenos en Santiago.

A charla de hoxe esta organizada polo Concello de Santiago, en colaboración coa Universidade de Santiago.  Tratará sobre a alimentación saudable e a dieta atlántica e será impartida polo catedrático de Pediatría da Universidade de Santiago e xefe de Pediatría do CHUS, Rafael Tojo e pola doutora María Rosaura Leis. A charla de hoxe centrárase en promover hábitos de alimentación saudable entre os nenos. Ademáis o programa Thao pretende educar e familiarizar aos nenos de xeito lúdico na diversidade, no sabor dos alimentos e na boa elección. Ao mesmo tempo, preténdese estimular nos pequenos o hábito da actividade física -non só a deportiva-, os xogos activos e a participación lúdica e social.

Fontes:

Concello de Santiago de Compostela

Programa Thao España

Anenotario

27 - Xaneiro - 2009 por admin  
Arquivado en Actividades

A xente da Secretaría de Política Lingüística crearon o “Anenotario”. Trátase de reunir as mellores ocorrencias dos pequechos que temos polas nosas casas. Para as mellores “anenotas” haberá premio: 20 lotes de libros, música e libros infantís en galego están en xogo!

Dende eiquí vos animamos a que compartades con todos esas respostas retranqueiras e divertidas que de seguro os vosos fillos soltan coa súa natural elegancia. Podedes deixar as anenotas en:

http://www.galegoelogo.com/palabrasencadeadas/xeracionelogo/tuanenotario.php

anenotario_sxpl

Anenotario

Tamén podedes ver eiquí unha escolma das que xa teñen na súa páxina:

http://www.galegoelogo.com/palabrasencadeadas/xeracionelogo/veranenotarios.php

As que máis nos fixeron rir

Repasando con Suso (4 anos) oooooooooutra vez o conto de Pinocho, chegamos ao punto en que a fada o transforma de neno de madeira a neno de… Nese punto do conto, deixei puntos suspensivos para que el os completase, xa que lle explicara en ocasións anteriores o que significaba a expresión “de carne e óso”. Vese que el non a lembraba, aínda que si conseguía asociala a outra idea máis familiar para el. Respondeume: “de polo!”

Mariña ten 5 anos, e é a pequerrecha da familia, seguida de lonxe polos seus primos de 12, 13 e 16 anos. Á pobre, farta de oirlles contar as anécdotas aos curmáns que sempre comezaban por “cando eu era pequeno…” non se lle ocorreu outra cousa que empezar a contratacar comezando as súas historias con “Pois cando eu fun maior…”

Levabamos a Nuno pequecho (aínda non fixera os dous anos) e puxémonos a mirar para o mar bravo desde un alto. O vento trouxo o final dunha onda e Nuno advertiunos: “O mar salpinga”

Unha noite, a hora de deitarse, miña filla Lucía de 6 anos estaba coa porfía de non querer durmir soa no cuarto, cando vai e pregunta: mami, ¿por qué os maiores durmen xuntos se non teñen medo? A ver quen lle da unha boa resposta.

páxina seguinte »