Novidades no portal
28 Xullo, 2010 por admin
Arquivado en Actualidade, Destacamos
Estamos encantados de vos presentar o web O teu embarazo nas súas versións en castelán e en catalán. Este portal xurdiu como un complemento a unha guía en papel que se distribúe de xeito gratuíto en tendas especializadas de Galicia, pero queremos aproveitar o seu formato electrónico para enriquecela con noticias e contido en varios idiomas.
As traducións forman parte dunha serie de cambios, algúns xa realizados e outros planexados. Para comezar, eiquí ampliamos a información da guía con temas que non tiveron cabida na edición en papel, como axudas por maternidade, dereitos laborais, entrevistas a asociacións, ou profundizando en temas como a lactación, o coidado dos nenos, etc. Tamén atoparedes unha listaxe de ligazóns de interese na columna dereita, para obter máis información sobre temas específicos.
O portal tamén vai mellorado aos poucos, con pequenos cambios como a inclusión dun mapa do sitio ou navegación entre as páxinas das semanas.
As traducións centráronse no contido máis relevante da web: as 40 semanas do embarazo. As noticias publicadas, que están moitas veces centradas no ámbito galego. Non as traduciremos sempre, ou se fará de forma automática coas limitacións que sabemos isto pode ter.
Algúns cambios que seguimos tendo pendentes son o redeseño da web, para aliñar a súa imaxe coa guía en papel e o maior uso de recursos audiovisuais. Se tedes algunha suxerencia, tanto no que se refire ao portal como ao contido que vos gustaría que tratásemos, estaremos encantados de escoitalas e telas en conta.
Un saúdo do equipo de agalip.






En qué tendas se pode conseguir a publicación en formato papel. Gracias.
Ola Belén,
Grazas polo interese na guía en papel. Hai varias tendas que distribuén a guía en papel, depende de onde vivas. Tamén podemos enviarte nós un exemplar se non tes ningunha tenda preto. Podes mandarnos un email a info@agalip.es para máis detalles.