Proxecto Piloto para Introducir a Vacina Contra o Pneumococo
28 Xuño, 2010 por admin
Arquivado en Actualidade
A consellería de Sanidade ven de anunciar que porá en marcha un proxecto piloto para avaliar a efectividade da introducción no calendario vacinal da vacina contra o pneumococo en nenas e nenos a partir de dous meses de idade. Esta vacina protexe contra infeccións que poden ser graves como é o caso da meninxite pneumocócica, a sepse meningocócica, ou as neumonías, entre outras patoloxías. Tamén inmuniza, en certos casos, contra a otite media aguda, proceso moi frecuente nos cativos.
Tamén se esta a considerar, en relación coa pauta vacinal, a introdución dunha segunda dose para asegurar unha boa protección nos nenos e nenas que se vacinan de varicela e, ademais, o cambio da quinta dose da vacina DTP (difteria, tétano e toseferina), que se pon aos seis anos, por outra con compoñente reducido, que presenta menos reacción, ao tempo que a protección que confire é igual.
Podedes consultar o calendario de vacinas na páxina do Colexio Ofical de Farmacéuticos da Provincia da Coruña.
photo credit: Andres Rueda
Máis info:






Comments
1 Comentario para “Proxecto Piloto para Introducir a Vacina Contra o Pneumococo”Trackbacks
Comprobe o que outros opinan desta entrada[...] Novas relacionadas: Proxecto piloto para introducir a vacina contra o pneumococo [...]