Martes, 7 de Febreiro de 2012

A maternidade e o dereito ao voto

24 Maio, 2010 por admin  
Arquivado en Apoio á maternidade, Destacamos, Xeral

Exercicio do dereito ao voto e baixa parental

O Parlamento Galego, a instancia do Grupo Popular, está a debatir un Acordo que permita garantir o exercicio do dereito ao voto das deputadas que se atopen en situación de baixa por maternidade ou, no seu caso, por xestación.O debate non é novo, e outros Parlamentos Autonómicos xa recollen no seus Regulamentos este suposto. As opcións que caben en esta circunstancia son tres: delegación do voto, emprego de medios electrónicos ou substitución temporal.

parlamento

No caso dos Parlamentos de Cataluña (2005), Euskadi (2008) e Andalucía (2009) a alternativa elexida foi a delegación do voto, esta é a que se está discutindo no caso galego. Pola contra, as Cortes Valencianas (2006) permiten a emisión do voto, por parte das e dos parlamentarios nestas circunstancias, facendo uso de videoconferencia ou doutros sistemas tecnolóxicos. Asemade, Euskadi, Valencia e Andalucía contemplan tanto o permiso de maternidade como o de paternidade.

No que se refire ás Cortes Xerais, hai unha proposición de reforma do ano 2008, presentada polo Grupo Parlamentario Catalán, pero aínda non foi tomada en consideración. Tamén se presentou un informe encargado polo Goberno sobre Permisos de Maternidade e Paternidade das persoas que ostentan un cargo electo. Comparecencia de Presentación, (xuño de 2009).

Os distintos medios fixéronse eco desta cuestión. Aquí recollemos algunhas das novas aparecidas ao respecto:

Que sucede no caso das mulleres que por circunstancias relacionadas co embarazo, parto ou o puerperio non poden acudir a votar?

A Ley Orgánica 5/1985 de Réxime Electoral Xeral non contempla este suposto particular. Con todo, nos Artigos 72 e 73 relativos ao voto por correspondencia, sinala que “os electores que prevén que na data da votación (…) non poidan personarse, poden emitir o seu voto por correo”.

O voto por correo hai que solicitalo por anticipado, nun calendario previamente establecido, e dirixíndose en persoa á oficina de correos máis cercana.

Dereito a exames no emprego público

Na actualidade, xa hai casos de mulleres que teñen feito o exame de acceso ao funcionariado público nun hospital por ter dado a luz e estar hospitalizadas en datas cercanas á da realización do exame. A propia lei de igualdade recolle un artigo que posibilita estas actuacións:

Artículo 61. Formación para a igualdade.

1. Todas as probas de acceso ao emprego público da Administración Xeral do Estado e dos organismos públicos vencellados ou dependentes dela contemplarán o estudo e a aplicación do principio de igualdade entre mulleres e homes nos diversos ámbitos da función pública.

En todo caso, o exame ha de celebrarse simultáneamente ao que se esté celebrando no recinto oficial, e nas mesmas condicións que o resto. Iso si, unha representación do tribunal hase de desprazar ata o Hospital para conferirlle validez á proba

E se traballas na empresa privada?

Segundo o Estatuto dos traballadores (artigo 23), teríamos dereito a asistir a exames avisando con antelación á empresa. Os termos do exercicio deste dereito pactaránse no convenio colectivo aplicable, o cal determinirá se é un permiso retribuído ou non.Se o convenio non recolle nada ao respecto, será o propio traballador quen teña que chegar a un acordo coa empresa.

Comentar

Estamos interesados na súa opinión con relación a esta información.
Se o desexa pode deixar o seu comentario