Sábado, 19 de Maio de 2012

Igualdade de Oportunidades e Conciliación Na Empresa

24 Abril, 2010 por admin  
Arquivado en Apoio á maternidade

Tradicionalmente, o traballo definíase en función dos intereses e obxectivos dun empregado, home, quedando as mulleres relegadas á crianza e coidado do fogar. Este modelo de “traballador ideal” resulta discriminatorio non só para as mulleres, senón tamén para os homes que asumen responsabilidades familiares. Por isto, cada vez é maior o número de persoas que experimentan un conflito entre o traballo e a familia.

Segundo M. Patricia Aragón, Responsable de Proxectos de Concilia Vida Familiar y Laboral S.L (http://www.microsoft.com/business/smb/es-es/rrhh/conciliar_vida.mspx), este conflito ten consecuencias negativas no persoal traballador e na empresa:

  • insatisfacción laboral,conciliacion
  • diminución do rendemento,
  • elevación das taxas de absentismo,
  • planteis desmotivados,
  • perda de persoas cualificadas e
  • baixa produtividade.

Ante esta realidade, algunhas empresas están asumindo novos retos e esixencias, adoptando medidas de fomento da conciliación. Outras, pola contra, continúan a percibilo como algo alleo e unha potencial ameaza ao rendimento.

Con todo, cómpre non esquencer que a conciliación non é unicamente responsabilidade da empresa, senón tamén das Administracións Públicas e da sociedade en xeral. De ahí que nos últimos anos, se promulgaran leis e se artellaran iniciativas dirixidas, non só ás persoas traballadoras, senón tamén as empresas para facilitar a adopción de medidas en prol da igualdade de oportunidades e da conciliación.

Igualdade nas empresas: deduccións e bonificacións

Recompilación de incentivos da Seguridade Social, dirixidas as empresas, co obxecto de facilitar e promover políticas en prol da conciliación da vida laboral e familiar.

Prestacións por maternidade e paternidade:

O recoñecemento e pago da prestación corresponde ao INSS (Instituto da Seguridade Social), polo que para as empresas os permisos de maternidade e paternidade non teñen coste algún.

Bonificación cotas:

  • As empresas que fagan contratos de interinidade con persoas desempregadas para sustituir a traballadores que teñan suspendido o seu contrato de traballo por risco durante o embarazo, lactación natural de menores de 9 meses, maternidade, paternidade, adopción e acollemento terán dereito a unha bonificación do 100% nas cotas empresariais da Seguridade Social, incluidas as de accidentes de traballo e enfermedades profesionais, e nas aportacións empresariais das cotas de recaudación conxunta.
  • Contratación indefinida de determinados colectivos de traballadores en situación de desemprego. No caso de mulleres que sexan contratadas nos 24 meses seguintes a data do parto, adopción ou acollemento a bonificación será de 100€/mes durante 4 anos.

Igualdade nas empresas: distintivos, axudas e subvencións

Escolma dos distintivos, axudas e subvencións, de ámbito nacional e autonómico, a partir do 2008. Decidimios engadir dende o 2008 debido a falta de continuidade ou carácter temporal dalgunhas subvencións. Coma noutros ámbitos, é recomendable consultar as axudas vixentes de cando en cando.

Ano 2010:

Ano 2009:

  • Orden IGD/1738/2009 Convocatoria de Axudas á Pequena e Mediana Empresa e outras Entidades para a implantación de Plans de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes, correspondentes ao ano 2009. (BOE 30/06/09).
  • Orde do 4 de agosto de 2009. Bases reguladoras para a concesión das axudas dirixidas ao fomento da implantación de plans de igualdade para a eliminación da infrarrepresentación feminina e para a garantía e mellora do dereito á conciliación da vida familiar e laboral en pequenas e medianas empresas.

Ano 2008:

  • Orde do 30 de decembro de 2008. Bases reguladoras do programa de incentivos á contratación indefinida das mulleres como medida para lograr un mercado de traballo igualitario e se procede a súa convocatoria para o ano 2009.
  • Resolución do 27 de agosto de 2008. Bases reguladoras que rexerán as subvencións para o fomento do uso das novas tecnoloxías de información e comunicación a través da implantación do teletraballo en pequenas empresas galegas para a mellora da conciliación da vida laboral e familiar e se procederá á súa convocatoria.

Ligazóns de interese

Ámbito legal

Nos últimos anos promulgáronse unha serie de leis cun dobre obxecto; por un lado, dar soporte legal aos cambios sociais acaecidos: incorporación da muller ao mercado de traballo, necesidade de conciliar a vida laboral e familiar… e polo outro, facer efectivo o principio de igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes. A este respecto, cómpre sinalar as seguintes:

Título IV, capítulo III, no que aparecen regulados os plans de igualdade para as empresas e o capítulo IV, onde se fai referencia ao distintivo das empresas en materia de igualdade.

Artigo 23: proposición dun programa de apoio ás empresas con Plans de Igualdade. Sinala que se adxudicarán subvencións ás empresas para a elaboración e implantación de plans de igualdade, así como a posibilidade de concesión dun distintivo de excelencia en políticas de igualdade para o seu uso comercial. As empresas con este distintivo terán preferencia para a adxudicación de contratos por parte dos órganos de contribución da Xunta de Galicia.

Artigo 11: regula os casos nos que é obrigatorio e voluntario a realización de plans de igualdade. É obrigatorio en 3 supostos: en empresas de máis de 250 traballadores, cando se estableza por convenio colectivo ou se a autoridade laboral acorda un procedemento sancionador para unha empresa, esta poderá mudar a sanción pola elaboración e implantación dun plan.

Artigo 12: subvencionarase a contratación de persoal especializado destinado ao asesoramento para a elaboración de plans de igualdade e outras medidas de promoción da igualdade.

Artigo 16 ao 20: referentes a Marca Galega de Excelencia en Igualdade.

  • Decreto 33/2009 polo que se regula a Promoción da Igualdade nas Empresas e a Integración do Principio de Igualdade nas Políticas de Emprego.

Creative Commons License photo credit: AdamSelwood

Comentar

Estamos interesados na súa opinión con relación a esta información.
Se o desexa pode deixar o seu comentario