Condicións de traballo perigosas para mulleres xestantes
1 Marzo, 2010 por admin
Arquivado en Apoio á maternidade
Atopamos unha entrada moi interesante no foro de Maternidad Instintiva (“http://maternidadinstintiva.activoforo.com/forum.htm“). Nun post Dianayzoe informa que o Ministerio de Traballo está a realizar un estudo para saber que condicións de traballo son perigosas para as mulleres embarazadas. Este estudo servirá para crear unha normativa onde se defina claramente que condicións de traballo son perigosas e que cousas terán que cambiar as empresas para eliminar eses riscos.
Dianayzoe lémbranos que este intento do ministerio quédase curto xa que está a deixar fora moitos riscos comprobados ou aínda por comprobar. As súas recomendacións recollen sustancias e condicións de traballo listadas nos anos 90, deixando fora casos recoñecidos máis recentemente. É por isto que fai un chamamento a unha campaña de sensibilización e pon a disposición de tod@s uns formularios que se poden enviar tanto ao Ministerio de Traballo coma ao de Sanidade e Consumo.

Muller no traballo
A continuación amosamos unha lista non completa dos riscos para a reproducción, o embarazo e a lactancia:
Axentes físicos
• Choques, vibracións ou movementos
• Ruido
• Radiacións ionizantes
• Frío ou calor extremos
• Traballo en atmósferas de sobrepresión elevada
Axentes biolóxicos
• Axentes biolóxicos dos grupos 2, 3 e 4 (Ex. hepatitis, virus da sida, tuberculose)
Axentes químicos
• Sustancias canceríxenas e mutáxenas (etiquetadas coas frases R40, R45, R46, R49)
• Sustancias tóxicas para a reproducción (etiquetadas coas frases R60, R61,R62, R63, R64 y R33)
• Disruptores endocrinos
• Mercurio e derivados: mercurio, plomo, antimonio, cadmio, arsénico.
• Medicamentos antimitóticos (citotóxicos)
• Axentes químicos cun peligro de absorción cutánea é coñecido.
• Pesticidas
• Disolventes
• Cauchos
• Gases anestésicos
• Produtos farmacéuticos
• Monóxido de carbono
Psicosociais
• Horarios de traballo inadecuados (traballo a turnos, nocturno ou prolongacións de xornada…)
• Trabalo aislado
• Exposición a riscos psicosociales e traballos de alta tensión
Ergonómicos
• Actividades realizadas de pé
• Actividades realizadas en posición sentada
• Posturas forzadas asociadas á actividade profesional das traballadoras embarazadas ou que deron a luz recentemente
• Manipulación manual de cargas
• Movemientos e posturas
• Desprazamentos dentro ou fuera do establecemento
Outros riscos
• Traballo en altura
• Risco de infección ou de enfermidades do ril como resultado de instalacións sanitarias pouco adecuadas
• Ausencia de zonas de descanso e otras instalacións similares
• Perigos derivados dunha alimentación pouco apropiada
• Perigos derivados de instalacións pouco apropiadas ou a ausencia das mesmas
Podedes atopar máis información en:
Directiva 92/85/CEE de la UE
http://eur-lex.europa.eu/LexUriServ/LexUriServ.do?uri=CELEX:31992L0085:ES:HTML
Comunicación de la Comisión Europea COM (2000) 466 final
http://eur-lex.europa.eu/LexUriServ/LexUriServ.do?uri=COM:2000:0466:FIN:ES:PDF
Comunicación de la Comisión COM (2001) 262 final
http://www.istas.net/ma/decops/estrategiaDE.pdf
Recomendaciones INSS-SEGO
http://www.tt.mtin.es/periodico/perhisto/HistoBase.asp
Recomendaciones INSS-AEPED
http://www.tt.mtin.es/periodico/perhisto/HistoBase.asp
Unidades de Salud Medioambiental Pediátrica Murcia – Valencia.
http://www.pehsu.org
Guía sindical para la prevención de riesgos para la reproducción, el embarazo y la lactancia
http://www.ccoo.es/comunes/temp/recursos/1/141417.pdf
Fonte para este post: http://maternidadinstintiva.activoforo.com/derechos-laborales-f21/riesgos-laborales-para-la-lactancia-y-el-embarazo-t731.htm




